Asociación Europea para diagnósticos, intervencións e resultados de enfermería comúns en Europa.

Benvido á páxina Web de

ACENDIO

Asociación Europea para diagnósticos, intervencións e resultados de enfermería comúns en Europa.

ACENDIO (Asociación Europea para diagnósticos, intervencións e resultados de Enfermería), é unha organización creada en 1995 para promover o desenvolvemento dunha linguaxe profesional enfermeira e proporcionar unha rede a través de Europa para as enfermeiras interesadas no desenvolvemento dunha linguaxe común que describa a práctica enfermeira.

As enfermeiras de toda Europa necesitan poder compartir e comparar información acerca da súa práctica, para investigar e mellorar os coidados, xestionar os recursos enfermeiros eficazmente e asegurarse de que a enfermería é visible nas políticas locais, nacionais e europeas.

Para acadar este obxectivo, necesitan poder expresar na súa propia linguaxe que é o que fan para os seus pacientes e clientes, o porqué e con que resultados. Ademáis necesitan poder compartir e comparar a súa forma de expresarse coa doutros enfermeiros a través dunha terminoloxía estandarizada e común que asegure que o que se está a comparar é o mesmo. A linguaxe profesional de enfermería debe de captar o amplo abano e variedade de coidados individualizados, holísticos. O desenvolvemento desta linguaxe non implica estandarizar os coidados, senón que se trata de chegar a estándares na forma de expresar o que é a enfermería. As enfermeiras nalgúns países europeos están a desenvolver terminoloxías que cubran as necesidades no seu pais dunha linguaxe enfermeira. Outras adaptaron ou traduciron terminoloxías e clasificacións desenvolvidas noutros países ou por parte doutras disciplinas, pero non existe unha coordinación global entre os distintos países respecto a estes desenrolos.

As clasificacións internacionais teñen un potencial para enfermería: algunhas enfermeiras en certos países están a utilizar o ICF. O Consello Internacional de Enfermería empezou a desenrolar o CIPE ( Clasificación Internacional para a práctica de Enfermería).

ACENDIO, apoia este proceso proporcionando:

  • Conferencias, publicacións e presentacións que fomenten a comprensión e o traballo nesta área.
    Unha rede de traballo para enfermeiras en distintos países europeos para que podan compartir coñecementos acerca do desenrolo existente en cada pais.
  • Recursos tales como listas de referencia e metodoloxías para o desenrolo e avaliación do vocabulario enfermeiro.
  • Interpretación de estándares internacionais para as metodoloxías e clasificacións.
Copyright ACENDIO 2006-2008 Updated: 03/02/2008